Nalgún momento da historia insinúase que a protagonista se autolesiona pero non sabemos cales son os motivos que a levan a facer iso...
Os factores de risco que aumentan a probabilidade de desenvolver esta afección segundo a ASeFo (Autolesion Selfinjury Foro) son:
Sexo: feminino
Idade: adolescencia
Abuso sexual, físico ou emocional durante a infancia
Violencia ou algún outro abuso de familiares no fogar
Retraso mental
Autismo
Certos transtornos metabólicos
Transtorno de estrés postraumático
Reclusión en prisión
Os dous primeiros factores coinciden con Bárbara e o terceiro e cuarto poderían darnos algún indicio do que a levou a esta situación.
Unha das famosas que pasou por este calvario foi Demi Lovato (actriz protagonista de Camp Rock). Estás de acordo coa afirmación que fai nesta imaxe?