Trátase dun libro fácil de ler e un tanto ñoño pero que nos achega a varios aspectos que nos interesa destacar:
- por unha banda temos un grupo de mulleres que trama un plan (algo similar ao que xa leramos en O club da calceta, de María Reimóndez),
- ademais temos un inglés, Atticus, fóra do seu contorno natural: viaxando en primeira instancia a Madrid e posteriormente a Granada (o que podemos poñer en relación coa idea da ollada allea que é o eixo vertebrador deste curso no club de lectura),
- aparece Granada, o lugar que visitaremos na nosa viaxe literaria, en concreto o Albaicín
- a temática xira arredor dos mundo dos libros: unha editorial, unha revista literaria, manuscritos ocultos...
non estades de acordo?