A
lectura do club de 2º ciclo, Diez negritos, cuxo título orixinal
era And Then There Were None (E non
quedou ningún), conta con múltiples formatos para achegarnos á
xenial historia creada por Agatha Christie.
En primeiro lugar, foi levada
múltiples veces ao medio cinematográfico. A primeira adaptación foi obra de
René Clair, en 1945, logrando un film bastante fiel á obra. Destaca
posteriormente unha versión de 1974 de Peter Collinson, inferior á primeira
pero contando coa voz de Orson Welles. Xa en 2015 estreouse na BBC One a miniserie And Then There Were None, de tres episodios, para conmemorar o 125º
aniversario do nacemento da autora.
Como
curiosidade apuntamos que existen ademais outros formatos máis lúdicos para
achegarnos a esta novela: ben como xogo de mesa (2014) ou mesmo como un
videoxogo para PC co nome "Agatha Christie: Y no quedó ninguno"
(publicado en febreiro de 2008).