Aquí temos unha canción que nos mostra unha das posibles saídas...
Pero no libro óptase por loitar, por saír adiante.
21.1.16
E chegaron os problemas...
O problema chega á casa da protagonista de Futuro imperfecto:
"Sentín roldar a morte ao noso redor e, intimamente, desprecieina, desafieina, propúxenme plantarlle cara e, por descontado, gañarlle a partida."
"Sentín roldar a morte ao noso redor e, intimamente, desprecieina, desafieina, propúxenme plantarlle cara e, por descontado, gañarlle a partida."
Le agora estas reflexións:
- Moitos cren ter problemas, outros téñenos de verdade.
- A felicidade non é a ausencia de problemas senón a habilidade de saír adiante con eles.
- Os problemas nunca se acaban; as solucións, tampouco.
Como afrontariades vós a situación da protagonista?
14.1.16
Contigo aprendín...
Que aprendemos das persoas que temos ao noso lado? Nunca nos paramos a pensalo pero é moito máis do que imaxinamos.
A protagonista de Futuro imperfecto cóntanos o que aprendeu do seu compañeiro:
"Ao teu lado aprendín as leccións máis importantes e iso melloroume, fíxome consciente e forte, aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén..."
Coincide coa visión que mostra o seguinte vídeo que une escenas da película de animación UP co bolero de Armando Manzanero interpretado por Andrés Calamaro.

Cambiar o mundo!!!
Velaquí algunha das frases presentes no libro Futuro imperfecto:
"Ía mudar a miña vida e ía mudar o mundo. Abofé a miña vida mudou, mais o mundo... case me engole."
Fíxate no que din algunhas personalidades respecto disto:
- Resulta que se un non se apura a cambiar o mundo, despois é o mundo o que cambia a un. (Quino)
- As personas que son tan tolas e cren que poden cambiar o mundo, son as que o logran. (Steve Jobs)
- Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. (Malala)
- Non intentes cambiar omundo, intenta que o mundo non te cambie a ti. (Carlos Ruiz Zafón)
- Que marabilloso é que ninguén necesite esperar nin un so momento antes de comezar a mellorar omundo. (Ana Frank)
- Aeducación é a arma máis poderosa que podes usar pa ra cambiar omundo. (Nelson Mandela)
e observa esta imaxe:
Reflexionade vós agora sobre todo isto...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)