Que aprendemos das persoas que temos ao noso lado? Nunca nos paramos a pensalo pero é moito máis do que imaxinamos.
A protagonista de Futuro imperfecto cóntanos o que aprendeu do seu compañeiro:
"Ao teu lado aprendín as leccións máis importantes e iso melloroume, fíxome consciente e forte, aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén..."
Coincide coa visión que mostra o seguinte vídeo que une escenas da película de animación UP
co bolero de Armando Manzanero interpretado por Andrés Calamaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario