Amosando publicacións coa etiqueta María Reimóndez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta María Reimóndez. Amosar todas as publicacións

21.11.16

Anxo ou demo?

Na nosa vida temos que elixir entre o que está ben e o que está mal, entre ser un anxo ou ser un demo..., pero non sempre as cousas son así de simples e en numerosas ocasións na vida os límites non son fixos senón que se dilúen: o que está ben pode ser malo ou que está mal pode ser bo.

http://img05.deviantart.net/56a2/i/2015/111/a/3/meme_lilith_angel_y_demonio_by_kiraokami-d6f9ljx.png

Iso é o que sucede coas nosas seguintes protagonistas: Elvira, unha anciá beata, e Luz, cínica prostituta, que coinciden e se complementan.
En ambos casos aparecen os mesmos temas: o abuso de poder, a rebeldía, o analfabetismo, a explotación... e a mesma necesidade de acabar coas inxustizas.

Cal cres que será a solución que atopen para saír adiante?

Aí van algunhas afirmacións das protagonistas que che poden servir de pista:
  • Elvira: "Estes días ando matinando (...) na nosa determinación (...) dubidando de se soltar o lastre da obediecia" (páxina 158).
  • Luz: "A xustiza, claro, nunca é perfecta" (páxina 177) e máis adiante afirma: "Este tío non merece seguir vivo" (páxina 193) e continúa na páxina seguinte "Non aquí, non eu".

http://www.lauracasasa.com/wp-content/uploads/2011/02/interrogacion.jpg

19.10.16

Todos somos diferentes!

Iniciamos o primeiro grupo do club deste curso. A lectura escollida foi O club da calceta, de María Reimóndez, publicada en 2006.
Trátase dun libro que acadou certo recoñecemento: foi finalista do Premio Xerais en 2005 e acadou o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 207, foi traducida ao castelán e ao italiano e adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Antón Dobao en 2009.
As seis protagonistas (Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda) vannos mostrar como é a súa vida sendo... como son.
Para saber máis sobre a autora podedes visitar a súa interesante páxina web: http://www.mariareimondez.com

http://ficcion-producciones.com/web/wp-content/uploads/2013/12/el-club-de-la-calceta.jpg