Amosando publicacións coa etiqueta R.J. Palacio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta R.J. Palacio. Amosar todas as publicacións

29.4.17

Como vemos a August?

Unha das vantaxes que ten un libro é que cada un de nós pode imaxinar como son os personaxes, os lugares, as situacións porque por moito que nolo describan todos poñemos algo diferente na nosa percepción.
Velaquí tedes a visión de August que ten un dos nosos lectores, Luís Mosquera.
(Debuxo feito no autobús durante a viaxe literaria a Andalucía)
(Debuxo feito na casa, ao regreso).
Como o vedes vós?

27.3.17

Coñecendo a August

Neste primeiro achegamento á obra de R.J. Palacio La lección de August podemos advertir varios fíos dos que poder puxar.
O primeiro e máis claro é a marxinación por motivos puramente estéticos. Ao longo da historia da literatura (e tamén do cine) coñecemos diferentes personaxes que teñen que vivir con esta problemática situación: 

  • Temos os personaxes que xa naceron coas súas malformacións ou deformidades: clásicos literarios como El jorobado de Notre Dame, clásicos cinematrográficos como La parada de los mostruos, ou recreacións de feitos reais como os filmes El hombre elefante ou Mask.


  • Tamén están os que inicialmente eran persoas normais pero por algún tipo de accidente pasaron a converterse en monstros: xunto a clásicos como El fantasma de la Ópera ou Doctor Jekill and Mr Hyde, podemos citar ao protagonista de Eduardo Manostijeras, La bella y la bestia, ou ao fantástico Golum de El señor de los anillos.



August entraría no primeiro grupo. Pero, sumado ao seu aspecto físico, ao protagonista da novela asédiano dilemas tan comúns na adolescencia como o medo aos cambios ou a necesidade de ser aceptado (outros dous eixos con moita miolo).

Por último, pero non menos importante, xorde outro conflito na historia: cales son os amigos de verdade?

 Sénteste identificado dalgunha forma con August?