Este ano a nosa viaxe literaria convocou a tres centros: IES Universidade Laboral (Ourense) IES de Allaria (Ourense) e o CPI O Cruce de Cerceda (A Coruña).
O percorrido iniciouse no Val do Jerte onde vimos amencer, e continuamos viaxe ata Plasencia:
Aquí posamos ante a catedral nova e a vella.
A seguir fomos a Cáceres onde paramos para comer e pasear polas súas rúas:
Sentados nas escaleiras da Praza Maior.
E continuamos ata Mérida, onde visitamos o teatro romano:
Rematamos o libro O curioso incidente do can a medianoite e quedamos cun sabor de boca agridoce.
Por unha banda temos o tema da superación que impresiona: Christopher consegue sobrelevar os seus medos para acadar o seu obxectivo, reunirse con súa nai.
Coma el, ao longo da vida toda persoa ten que superar os seus límites, ben sexan físicos ou psicolóxicos, pero para iso contamos cunha ferramenta perfecta: a forza de vontade.
O premio que recibiremos a cambio e que nos agarda ao final do esforzo paga a pena: a felicidade.
Pero hai que arriscarse e aprender dos erros como fai este paxariño:
Mais xunto a esta fabulosa conquista (Christopher consegue chegar a Londres só, empregando diferentes medios de locomoción: o tren, o metro, ou mesmo camiñando; aproba o exame do bacharelato de matemáticas) comprobamos que no final do libro, cando o protagonista está baixo o coidado ou protección dun adulto (en concreto da súa nai), perde de novo a súa capacidade de superación e sofre unha regresión ao seu estado anterior (por exemplo o episodio no centro comercial con súa nai cando vai mercar roupa).
Será que Christopher non aprendeu nada desta aventura?
Neste primeiro achegamento á obra de R.J. Palacio La lección de August podemos advertir varios fíos dos que poder puxar.
O primeiro e máis claro é a marxinación por motivos puramente estéticos. Ao longo da historia da literatura (e tamén do cine) coñecemos diferentes personaxes que teñen que vivir con esta problemática situación:
Temos os personaxes que xa naceron coas súas malformacións ou deformidades: clásicos literarios como El jorobado de Notre Dame, clásicos cinematrográficos como La parada de los mostruos, ou recreacións de feitos reais como os filmes El hombre elefante ou Mask.
Tamén están os que inicialmente eran persoas normais pero por algún tipo de accidente pasaron a converterse en monstros: xunto a clásicos como El fantasma de la Ópera ou Doctor Jekill and Mr Hyde, podemos citar ao protagonista de Eduardo Manostijeras, La bella y la bestia, ou ao fantástico Golum de El señor de los anillos.
August entraría no primeiro grupo. Pero, sumado ao seu aspecto físico, ao protagonista da novela asédiano dilemas tan comúns na adolescencia como o medo aos cambios ou a necesidade de ser aceptado (outros dous eixos con moita miolo).
Por último, pero non menos importante, xorde outro conflito na historia: cales son os amigos de verdade?
Tócanos agora a lectura de O curioso incidente do can a media noite, de Mark Haddon. Achegámonos nesta ocasión ao mundo dos rapaces autistas, un mundo en gran parte descoñecido pola inmensa maioría.
Trátase de nenos con dificultades para relacionarse e con certos comportamentos que resultan estraños pero non ilóxicos se tratamos de entendelos. Fíxate nesta lista de características para poder recoñecer mellor o súa forma de actuar:
O protagonista desta historia, Christopher, responde claramente a algunhas destas indicacións por iso pode parecer "retrasado" e aínda que ten 15 anos semella menor polo seu comportamento, pero o autor tamén nos dá certas claves para recoñecer os seus puntos fortes (as matemáticas, a capacidade observadora, etc.) que o sitúan probablemente por riba de moitos dos rapaces da súa mesma idade porque (e botamos man dunha metáfora xa empregada por outras persoas) "o autismo non é un erro de procesamento, senón que é un sistema operativo diferente"
Tócanos agora a lectura dunha breve noveliña de Felipe Santa Cruz, El vagabundo que se creía Sherlock Holmes.
O autor toma un personaxe clásico, Sherlock Holmes, obra de Arthur Conan Doyle
O resultado é un detective vagabundo: Pedro Gómez, alias Pedro Guasón (deturpación a partir de Watson que dá nun primeiro momento Guason e finalmente Guasón):
Este xunto o seu inseparable compañeiro, neste caso un sacerdote afeccionado á lectura, Germán Lozano (irmán de Carlitos, o propietario da "Bodeguita El Traqueteo"), trata de resolver a "misteriosa morte" de Ricardo Lora, un poeta en ascenso.
Vede o anuncio do libro en youtube:
Esta historia histriónica permítenos poñer de manifesto que as cousas que suceden poden ter varias interpretacións segundo quen sexa a persoa que as analice.
Lembrade as palabras de Antonio Machado: "Tu verdad no; la verdad y ven conmigo a buscarla. La tuya, guárdatela" ou tamén a reflexión de Martin Luther King: