- na páx. 42 cita ao escritor inglés que lle apuxo mala fama aos orfanatos Charles Dickens: trátase da novela Oliver Twist.
- na páx. 55 Pierrot lembra ter lido El hombre de la máscara de hierro, de Alejandro Dumas.
- na páx. 65 aparecen dous personaxes Bruno e Gretel, que son dous dos protagonistas do libro predecesor deste que lemos: é O neno co pixama de raias. Máis tarde (páx. 72 e seguintes) tamén aparece un mozo das xuventudes hitlerianas, Rottenführer Kotler, que lembra ao tenente Kotler do que se namoraba Gretel nese mesmo libro.
- na páx. 75 Pierrot recibe como agasallo Emil y los detectives, de Erich Kästner.
- na páx. 115 citan aos liliputienses, un dos pobos que visita Gulliver en As viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift.
- na páx. 125 fai referencia ao libro escrito polo dono da casa: A miña loita, de Adolf Hitler.
14.11.16
Referencias bibliográficas
Nestas primeiras cento e pico páxinas que lemos de El niño en la cima de la montaña aparecen varias referencias a outras obras literarias, localizástelas?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario