23.11.14

Frase da semana: Un bico de amor e vida

A ela gustáballe mergullarse nos ollos del. Bucealo por dentro.


 
Xosé A. Neira Cruz, Un bico de amor e vida. Editorial Galaxia (2009).

16.11.14

Frase da semana: Orellas de bolboreta

Mara sempre le libros usados!
Non!, mil mans máis os acariñaron.

 
Luisa Aguilar e André Neves, Orellas de bolboreta. Editorial Kalandraka col. Demademora (2012)

12.11.14

Prohibido casar, papá!

Imos polo segundo libro do club de primeiro.
Decidímonos pola obra de Fina Casalderrey, Prohibido casar, papá!
 
"Despois de morrer mamá, meu pai non volveu rir coma antes." Este é parte do conflito que terá que vivir Elia, a protagonista da historia. Como se resolverá todo? Pronto o saberemos...
 


9.11.14

Frase da semana: Frederick

"Pero Frederick", dixeron, "Ti es un poeta!"
Frederick acorouse, fixo unha reverencia e dixo tímidamente:
"Xa o sei"


Leo Lionni, Frederick. Editorial Kalandraka (2004)

5.11.14

Volvemos a Tonecho

Imos coñecer ao neno máis espilido, fermoso e guapo de toda a aldea... Xa sabedes de quen se trata? Si, claro, tedes razón volvemos a Tonecho de Rebodechao, o protagonista da obra de Breogán Riveiro do mesmo título.

O curso pasado lémolo na clase co alumnado que hoxe está en 2ºESO e nesta ocasión decidimos lelo dentro do club de lectura cos rapaces e rapazas de 1ºESO.

2.11.14

Frase da semana: A cousa que máis doe no mundo

E así aprendeu que,
de todas as feridas,
a mentira é a que máis doe.


Paco Livan e Roger Olmos, A cousa que máis doe do mundo. OQO editora (2013)

30.10.14

Gústache o violeta?

Sabes que asociamos á cor violeta? Imos descubrilo grazas ao diario dunha rapaza que xa coñecemos polos seus diarios...

 

26.10.14

Frase da semana: Caixa de cartón

Parecía imposible pero, a pesar de todo,
non esqueceramos rir.


Txabi Arnal e Hassan Amekan, Caixa de cartón. OQO editora (2010)

23.10.14

Multiplicámonos...

Neste novo curso o número de persoas interesadas en participar no club de lectura duplicouse polo que pensamos na posibilidade de facer dous grupos: un co alumnado de primeiro (8 persoas) e outro co de segundo (13 persoas).
As reunións de primeiro serán no segundo recreo dos mércores e as de segundo terán lugar no recreo dos martes despois de comer.
Estas son as previsións iniciais se logo hai cambios faremos os axustes necesarios.
Comezamos co novo mes.
 
.
 
 
 

19.10.14

Frase da semana: O incrible neno devorador de libros

E pensou que se lía o suficiente
aínda podería chegar a ser
a persoa máis lista do mundo.

 
Oliver Jeffers, O incrible neno devorador de libros. Patasdepeixe editora (2009)

15.10.14

Reiniciando...

Comeza un novo curso e algunhas cousas cambiaron: pasamos de curso, fixémonos maiores... e  agora somos máis.
 
Imos retomar o noso mundo de libros.

 
Dispostos a comezar una nova aventura?
 

1.7.14

Frase da semana: A Terra acatarrouse

Nunca é demasiado tarde para empezar de novo.


Roxane Marie Galliez e Sandrine Lhomme, A Terra acatarrouse. Baía Edicións (2013)

19.6.14

Imos de cine

Despois de todo un curso de traballo merecemos un descanso e antes de despedirnos ata o curso que vén imos darnos un premio...
 

 
 
Iso é!!! Imos ao cine, porque o cine non é máis que a posta en imaxes dun texto e nós amamos os textos, a literatura e, por suposto, o cine.
 
 
 Pasámolo moi ben e foi un bo remate a un bo curso.
 
Ata setembro a todos!
 


1.6.14

Frase da semana: Chuzos de punta

Hai veces
en que as leis da natureza non funcionan.

Hai días
en que o amor cae do ceo.

 
Raquel Saiz & Maja Celija, Chuzos de punta. OQO editoria (2008)

29.5.14

Comezando polo final

Xa vedes... decidímonos a comezar esta aventura no remate do curso.
Isto non é certo de todo pois levamos todo o ano co noso club de lectura, pero só agora botamos a andar esta experiencia de compartir as nosas experiencias na rede.
Que motivos nos levaron a darnos a coñecer?
En primeiro lugar pretendemos darlle continuidade ao noso grupo nos anos vindeiros e este blog será o elo que una eses momentos futuros co presente e co pasado que vaiamos deixando atrás.
 
Ademais xa sabedes iso de que "Todo é o que non se ve, non existe" e nós existimos e queremos deixar constancia diso: de que estamos aquí, de que lemos, de que nos interesamos polo que pasa no mundo...
E aquí estamos...
Empezamos sendo máis, pero só estes constitúen a resistencia, é dicir, resisitiron ata o final.