22.11.15

Campaña a prol da lectura?

Fixádevos nisto:

Non se trata dunha campaña publicitaria para promover a lectura agora que volve estar de moda Star Wars, senón que é unha camiseta que atopamos nunha tenda camiñando polas rúas de Santiago. A tenda chámase Who killed Bambi? e foron moi amables ao deixarnos facerlle una foto a esta orixinal idea.

Xa coñeciamos outras iniciativas similares:


Ocorrésevos algunha outra campaña? Intentádeo,

10.11.15

Os protagonistas da nosa historia

Estes son os nosos protagonistas: o alumnado que forma parte do Club de lectura.

 
Grazas polo voso compromiso.

Adiviña...

Dende o club de lectura poñemos en marcha un concurso aberto a todo o alumnado do centro, que terá unha periodicidade mensual:
"Creación propia".
O xogo consiste en adiviñar algo partindo dun texto dado. Nesta primeira ocasión o texto pertence a un novelista premiado co Nóbel de Literatura, Gabriel García Márquez, e o alumnado debe adiviñar como remata esa historia.


Premiaranse tanto os que se acheguen máis ao fin real da historia, como os que dean as súas propias versión imaxinativas.
Estes finais propios deberán introducirse nunha caixa habilitada na Biblioteca para tal efecto, acompañados do nome e apelidos do autor/a.
Imos ver cantos se animan a participar...

5.11.15

A xustiza

Fixádevos nesta frase que di nun momento Marcos, o policía da historia:

"Hay demasiada distancia entre la ley y la justicia"

 
Podemos poñela en relación co desfiuzamento que aparece na páxina 71 do libro e co artigo que apareceu en El Mundo o pasado 3 de xullo de 2015: Rosa, 13 años: A mi padre le mató el estrés del desahucio.

3.11.15

Tema transversal: acoso escolar

Dentro do argumento do libro que estamos lendo aparece un problema sobre o que hai que reflexionar...