21.1.16

Como afrontar o desastre?

Aquí temos unha canción que nos mostra unha das posibles saídas...



Pero no libro óptase por loitar, por saír adiante.

E chegaron os problemas...

O problema chega á casa da protagonista de Futuro imperfecto:

"Sentín roldar a morte ao noso redor e, intimamente, desprecieina, desafieina, propúxenme plantarlle cara e, por descontado, gañarlle a partida."
 
Le agora estas reflexións:
  • Moitos cren ter problemas, outros téñenos de verdade.
  • A felicidade non é a ausencia de problemas senón a habilidade de saír adiante con eles. 
  • Os problemas nunca se acaban; as solucións, tampouco.

Como afrontariades vós a situación da protagonista?
 
 


 
 


14.1.16

Contigo aprendín...

Que aprendemos das persoas que temos ao noso lado? Nunca nos paramos a pensalo pero é moito máis do que imaxinamos.

A protagonista de Futuro imperfecto cóntanos o que aprendeu do seu compañeiro:

"Ao teu lado aprendín as leccións máis importantes e iso melloroume, fíxome consciente e forte, aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén..."

Coincide coa visión que mostra o seguinte vídeo que une escenas da película de animación UP co bolero de Armando Manzanero interpretado por Andrés Calamaro.


Cambiar o mundo!!!

Velaquí algunha das frases presentes no libro Futuro imperfecto:
 
"Ía mudar a miña vida e ía mudar o mundo. Abofé a miña vida mudou, mais o mundo... case me engole."
 
 
Fíxate no que din algunhas personalidades respecto disto:
  • Resulta que se un non se apura a cambiar o mundo, despois é o mundo o que cambia a un. (Quino)
  • As personas que son tan tolas e cren que poden cambiar o mundo, son as que o logran. (Steve Jobs)
  • Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. (Malala)
  • Non intentes cambiar omundo, intenta que o mundo non te cambie a ti. (Carlos Ruiz Zafón)
  • Que marabilloso é que ninguén necesite esperar nin un so momento antes de comezar a mellorar omundo. (Ana Frank)
  • Aeducación é a arma máis poderosa que podes usar pa ra cambiar omundo. (Nelson Mandela)
 e observa esta imaxe:
 
Reflexionade vós agora sobre todo isto...