20.12.16

É difícil ser diferente

Queriamos reproducir algúns dos textos que máis nos chamaron a atención nas páxinas que vimos de ler de Camiños na auga para tratar de analizar o que aí se di:

É dificil ser diferente nun mundo que parece suspirar do xeito máis absurdo pola uniformidade e no que se estigmatiza a diferenza, sexa esta a que for. (p. 13)
A lectura proporciónalle un pracer indescritible ao lle permitir deixar de ser quen é, abandonar o seu limitado mundo de paria, esquecer a sú carraxe cara a todo, e encarnarse en personaxes moi afastados das súa estigmatizada realidade. (p. 15) 
A mirada de Josephine, inocente e libre de prexuízos, axuda a Szymo a verse de xeito diferente, a mirarse cos ollos dela, e a enxergar por tanto unha imaxe insólita de sei mesmo, moito máis positiva, moito máis humana. (p. 29)
A soidade do río facíalle sentirse ben, dado que lle permitía observarse como  o que era: un home, un rapaz, unha persoa. Sen máis adxectivos. O seu albinismo só existía en realidade cando o miraban os outros. Algúns outros. (p. 61)
Szymo deuse conta de que un non só é o que é, senón que ás veces tamén é o que os outros miran. (p. 75) 
Estás de acordo con estas ideas? A maior parte fai referencia á identidade: que somos? como somos? quen somos?, pero tamén hai unha reflexión sobre a lectura: para que me serve? que me proporciona?

http://img.desmotivaciones.es/201210/ojos_de_mar.jpg

É duro ser dili

Estamos acostumados a escoitar casos de persecución ou incluso maltrato pola cor da pel das persoas. O máis común é que a as persoas morenas ou de cor escura sexan obxecto destas malas accións, pero tamén se dan casos de persecucións aos albinos e os resultados son, se cabe, aínda peores. Neste vídeo podes achegarte á súa situación, a mesma que padece Szymo, o protagonista do noso libro: Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala.