24.9.15

De volta

Outra vez de volta. Comeza o curso 2015/2016 e volvemos ás andadas...
Como sempre haberá algúns cambios pero o fundamental continúa aí: a nosa paixón polos libros.

Non, comer non os imos comer, pero devorar pode ter máis dun sentido:

devorar verbo transitivo
1 Comer un animal [a presa] esgazándoa cos dentes. Os leóns devoraron o antílope.
2 figurado Comer con ansia e á présa. Este rapaz non come, devora a comida.
3 figurado Ler con grande interese. Devora as novelas de terror.
4 figurado Fixar a vista en [algo ou alguén] amosando un gran desexo ou paixón. Devorábaa cos ollos.
5 figurado Destruír [algo ou a alguén] o lume, unha paixón, unha enfermidade etc. As chamas ían devorando pouco a pouco o edificio.

A terceira acepción é a nosa: ler con grande intensidade,

estades preparados?