25.2.15

Chamando a portas

Dámoslle una volta á realidade: cambiamos de escenario.
Imos achegarnos á India e a súa difícil situación da man dunha cooperante.

Por que cres que o autor lle poría este título á obra?

19.2.15

E hai unha peli...

Aquí vos deixo o tráiler da película El diario de Carlota, baseado no libro de Gemma Lienas.


Podedes ver a peli para ver se é fiel ao libro, que vos parece?

11.2.15

Carlota & Flanagan

Vimos de ler o Diario violeta de Carlota e agora achegámonos ao Diario vermello pero cambiamos a perspectiva: non ao de Carlota senón ao de Flanagan.

Se queredes podedes alternar a lectura dos dous libros para comprobar como se ven as cousas desde a postura feminina e a masculina.
Hai diferenzas?