27.2.16

DESAPARECIDOS

Un dos temas de Palabras envelenadas é a desaparición dunha rapaza: Bárbara.

A desaparición de persoas en España é un problema de difícil solución.

O senado elaborou un informe sobre os expedientes abertos por desaparecidos: case 3.500 desaparicións permanecen sen resolver desde 1977 ata hoxe. Os datos remóntanse a 1977, ano ao que pertencen as dúas únicas denuncias que seguen sen resolver e os últimos rexistros chegan ata abril do 2015, cando había 768 pendentes de esclarecer.

A pesar do paso do tempo e do arquivo xudicial das causas, os expedientes por desaparición non se pechan nunca (como moito permanecen inactivos, pasivos, á espera de novos indicios ou de que un xuíz decida reabrir ocaso).
 
Moitas son as incognitas que quedan por resolver...
Podemos preguntarnos sobre asuntos como se se van por que queren ou porque os obrigan a marchar? ou, se se trata da primeira hipótese, que é o que pode motivar a fuxir a unha persoa da súa casa? Pensemos sobre iso...

Confraternizando no teatro

O venres 26 de febrero o alumnado de segundo ciclo do CPI acudiu ao Fórum metropolitano da Coruña para asistir á representación da obra Misterio cómico da compañía Teatro do Morcego, interpretada por Celso Parada.
Alí tivemos a sorte de coincidir cos compañeiros do IES de Viós, cos que compartimos lecturas no club.

A mágoa é que só estaban algún dos rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e non todos os integrantes do club...
 
Quedamos de volver xuntarnos para alguna outra actividade cultural (cine, teatro...) e así poder intercambiar experiencias, comentar libros ou simplemente charlar.

22.2.16

Unha nova historia

Unha nova aventura nos agarda nas páxinas de Palabras envelenadas, obra de Maite Carranza, que comezamos agora a ler.
A historia xira arredor de tres personaxes:
  • unha muller que perdeu una filla
  • un inspector de policía que se vai xubilar
  • unha rapaza atrapada

Todos eles están relacionados e a intriga está en como avanzará a historia. Seguro que vos engancha.

16.2.16

E na música...

Por suposto na música tamén está presente unha temática tan complexa como a SIDA.
Podes consultar  a páxina web de Pablo Giraldo onde inclúe unha listaxe de 20 cancións relacionadas co tema. Entre as ofertadas neste sitio seleccionamos unha polo seu positivismo:



15.2.16

No cine

O tema da SIDA foi tratado amplamente no cine dende a década dos 90. Algúns dos títulos que máis nos chamaron  atención son Los amigos de Peter (1992) ou Philadelphia (1993).
 
Máis actuáis e relacionadas tamén co tema: Dallas Buyers Club (2013) e Pride (2014).
















11.2.16

Salvarse da morte...


De que xeito podemos afrontar a morte?  ou é máis importante saber como afrontar a vida?

Coidado! Poderías ser ti...

A SIDA está ao noso redor. Aprendemos a convivir con esta enfermidade e tras os primeiros anos de medo e precaución, relaxáronse os costumes e agora volve repuntar o seu contaxio.

Escoita a seguinte historia:



Que che parece?

1.2.16

Cartas de amor

Agora que se achega o Día de San Valentín é o momento o de escribir cartas de amor... Que vos parece a que lle escribe Nico á protagonista do libro en Futuro imperfecto?


Cantas palabras me quedaban por dicir, cantas letras que aínda non escribín e que agora só me sae o teu nome, Xulia, Xulia... Palabra perfecta envolta polos meus sentimentos, tanto tempo alimentados polo doce eco do teu son máxico. Xulia, Xulia... Como ampliar o discurso, atopar outras voces, xuntar frases, facer delas poesía e expresar con ela o que o teu nome me evoca.
 
Que momentos de especial vibración fan correr a miña pluma cara a calquera papel, deixar que os meus sentimentos voen detrás dela. Raros e poucos momentos como este en que a impulsos de emocións fan que che escriba para comprobar que todo o que escribín é o teu nome, ateigado de minutos, horas, sitios, luces de lembranza, bicos, aloumiños e momentos que aínda non vivimos. O teu nome cargado de vida que aínda non vivimos.
 
Agora, aínda que só sexa fantasía, no teu nome cargo todo o meu amor, soñando que a túa persoa veña apoderarse do que é de seu.
 
Quérote, Xulia.
 
Nico.
 
O amor (dos pais, da parella, etc.) consegue sacar á protagonista dunha situación desesperada...
 
Estás de acordo coa afirmación: "o amor salva"?