29.4.17

Hai quince anos...

Imos achegarnos neste final de curso a un acontecemento fatal para Galicia,o afundimento do Prestige fronte ás costas galegas, e á súa única vítima humana, Manfred Gnädinger, Man de Camelle.

http://www.mandecamelle.net/man-imaxes/fotos-3/MAN2193.jpg

Todo sucedeu aló polo ano 2002 e revisitamos agora esa historia da man de dous libros: O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, e La mancha negra, de Manuel Sánchez Dalama.

Como primeiro achegamento ao protagonista desta historia podemos visualizar o vídeo "Man was here":


Ou consultar algunhas das noticias que sobre este personaxe se publicaron neste mesmo ano 2017:
La resurrección de Man de Camelle, el ermitaño que murió de pena
Íker Jiménez recuerda al “Alemán de Camelle”
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/649260/cuarto-milenio-recuerda-al-aleman-de-camelle
Convenio entre la USC y el Concello de Camariñas para estudiar el legado de Man
O legado de Man de Camelle pasa polos laboratorios da Universidade de Santiago
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/55111-legado-man-camelle-pasa-polos-laboratorios-universidade-santiago

Ou,  finalmente, escoitar unha entrevista ao propio Man na CRTV en 1986:

A ver que vos parece Man...


Como vemos a August?

Unha das vantaxes que ten un libro é que cada un de nós pode imaxinar como son os personaxes, os lugares, as situacións porque por moito que nolo describan todos poñemos algo diferente na nosa percepción.
Velaquí tedes a visión de August que ten un dos nosos lectores, Luís Mosquera.
(Debuxo feito no autobús durante a viaxe literaria a Andalucía)
(Debuxo feito na casa, ao regreso).
Como o vedes vós?

Viaxe literaria (III)

Os dous últimos días estivemos en Granada e aproveitamos para visitar:
o Barranco de Víznar, lugar de memoria histórica onde asasinaron ao poeta Federico García Lorca;
o barrio do Albaicín, onde se desenvolve parte da trama do libro La felicidad es un té contigo, de Mamen Sánchez;
e, por suposto, a Alhambra.

10.4.17

Viaxe literaria (II)

Pasamos en Sevilla dous días e aproveitamos para visitar o Alcázar, a catedral, a Torre del Oro


e pasear en barco polo Guadalquivir ou en calesa polas rúas máis significativas da cidade

Pero tamén tivemos tempo para un econtro co autor de El vagabundo que se creía Sherlock Holmes, Felipe Santa Cruz  na Praza de España.


Viaxe literaria 2017 (I)

Este ano a nosa viaxe literaria convocou a tres centros: IES Universidade Laboral (Ourense) IES de Allaria (Ourense) e o CPI O Cruce de Cerceda (A Coruña).
O percorrido iniciouse no Val do Jerte onde vimos amencer, e continuamos viaxe ata Plasencia:

Aquí posamos ante a catedral nova e a vella.

A seguir fomos a Cáceres onde paramos para comer e pasear polas súas rúas:
Sentados nas escaleiras da Praza Maior.

E continuamos ata Mérida, onde visitamos o teatro romano:

2.4.17

Non hai nada imposible

Rematamos o libro O curioso incidente do can a medianoite e quedamos cun sabor de boca agridoce.
Por unha banda temos o tema da superación que impresiona: Christopher consegue sobrelevar os seus medos para acadar o seu obxectivo, reunirse con súa nai.
Coma el, ao longo da vida toda persoa ten que superar os seus límites, ben sexan físicos ou psicolóxicos, pero para iso contamos cunha ferramenta perfecta: a forza de vontade.

O premio que recibiremos a cambio e que nos agarda ao final do esforzo paga a pena: a felicidade.

Pero hai que arriscarse e aprender dos erros como fai este paxariño:



Mais xunto a esta fabulosa conquista (Christopher consegue chegar a Londres só, empregando diferentes medios de locomoción: o tren, o metro, ou mesmo camiñando; aproba o exame do bacharelato de matemáticas) comprobamos que no final do libro, cando o protagonista está baixo o coidado ou protección dun adulto (en concreto da súa nai), perde de novo a súa capacidade de superación e sofre unha regresión ao seu estado anterior (por exemplo o episodio no centro comercial con súa nai cando vai mercar roupa).

Será que Christopher non aprendeu nada desta aventura?

Ti si podes aprender: