29.4.15

Regreso á realidade, pero en pasado

O libro de John Boyne El niño con el pijama de rayas tráenos de novo á realidade.

Trátase dun triste pasado que non podemos esquecer e do que temos moito que aprender.

Leremos o libro, veremos a película e comentaremos todo o comentable:

1. as diferenzas entre os dous soportes da historia.
2. a adecuación dos personaxes e a ambientación.
3. o episodio histórico que se retrata.
4. os sentimentos e emocións que provoca.
5. os motivos do éxito da obra.





22.4.15

Tamén hai xogo de rol

Por se vos interesa da saga de Laura Gallego que estamos lendo existe un xogo de rol na rede.

 
Alguén se anima a participar?


15.4.15

Frases escollidas

Aquí vos deixo algunhas das frases máis interesantes de Kai:

Vive muchos años, vive intensamente, vívelo todo.

Los sentimientos son parte de la vida, y no nacen dentro de ti para que tú los encierres bajo siete llaves.

Tarde o temprano encontrarás tu lugar en el mundo. No sufras por ello.

 Escúchame bien. Correr aventuras es emocionante, intenso. Pero nada, ¿me oyes?, nada vale tanto como para dar la vida por ello. Nada. No lo olvides nunca.


Ou do Maestro:
La vida es el único fin de toda criatura. Y toda criatura hará lo posible por prolongarla, la suya y la de sus hijos. Una vez comprendas esto, comprenderás el mundo y te será más fácil controlarlo.

Estades de acordo con estas sentencias?
 
 
Podedes consultar máis frases en http://es.wikiquote.org/wiki/Cr%C3%B3nicas_de_la_Torre.

8.4.15

Unha visión persoal

Unha das compañeiras do club, Helena,  fixo un debuxo do unicornio que aparece na obra El Valle de los Lobos. Como a verdade é que lle quedou moi ben ímoslle dar publicidade.
Grazas, Helena, por compartir o teu traballo!