27.10.21

A nosa primeira lectura co grupo de 1º ciclo foi Fóra do normal de María Reimóndez, novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola ingualdade.

É impresionante a cantidade de temas que puidemos tratar a partir desta obra: a identidade sexual, por suposto, pero tamén o suicidio, a violencia, a amizade, a... e mesmo a lingua.

A ensinanza fundamental desta obra é que temos que sentirnos ben tal como somos sen importarnos o que os demais pensen de nós: todos somos diferentes e todos somos especiais. E para intentar conseguir este obxectivo o mellor é rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son.

Se queredes escoitar unha entrevista a María Reimóndez para saber máis sobre como empezou a escribir e o que pensa da situación da literatura galega actual, entre outros temas, premede na seguinte imaxe:



5.10.21

PASA O TEMPO, PERO A LECTURA PERMANECE...

Acabo de comprobar que este blog leva parado dende o 2017 e creo que vai sendo hora de retomalo, catro anos despois. 

O primeiro que temos que apuntar é que, neste curso 2021/2022, o club agora está formado por tres grupos:

  • estreamos un grupo exclusivo de manga
  • un grupo co alumnado de 1º ciclo
  • outro grupo co alumnado de 2º ciclo
Para os tres imos valernos deste blog para colgar todas aquelas cousas de interese relacionadas coas lecturas que fagamos. A ver que tal nos vai...