27.3.17

Síntente distinto: empatiza!

Non xulgues un libro só pola portada, nin a unha persoa só polo seu aspecto físico.
Porque non sempre ser diferente implica perder...

Coñecendo a August

Neste primeiro achegamento á obra de R.J. Palacio La lección de August podemos advertir varios fíos dos que poder puxar.
O primeiro e máis claro é a marxinación por motivos puramente estéticos. Ao longo da historia da literatura (e tamén do cine) coñecemos diferentes personaxes que teñen que vivir con esta problemática situación: 

  • Temos os personaxes que xa naceron coas súas malformacións ou deformidades: clásicos literarios como El jorobado de Notre Dame, clásicos cinematrográficos como La parada de los mostruos, ou recreacións de feitos reais como os filmes El hombre elefante ou Mask.


  • Tamén están os que inicialmente eran persoas normais pero por algún tipo de accidente pasaron a converterse en monstros: xunto a clásicos como El fantasma de la Ópera ou Doctor Jekill and Mr Hyde, podemos citar ao protagonista de Eduardo Manostijeras, La bella y la bestia, ou ao fantástico Golum de El señor de los anillos.



August entraría no primeiro grupo. Pero, sumado ao seu aspecto físico, ao protagonista da novela asédiano dilemas tan comúns na adolescencia como o medo aos cambios ou a necesidade de ser aceptado (outros dous eixos con moita miolo).

Por último, pero non menos importante, xorde outro conflito na historia: cales son os amigos de verdade?

 Sénteste identificado dalgunha forma con August?

21.3.17

O curioso neno que non sabe relacionarse

Tócanos agora a lectura de O curioso incidente do can a media noite, de Mark Haddon. Achegámonos nesta ocasión ao mundo dos rapaces autistas, un mundo en gran parte descoñecido pola inmensa maioría.
http://www.telesurtv.net/export/sites/telesur/img/multimedia/2015/04/01/el-autismo-no-es-una-tragedia.jpg_1029656232.jpg

Trátase de nenos con dificultades para relacionarse e con certos comportamentos que resultan estraños pero non ilóxicos se tratamos de entendelos. Fíxate nesta lista de características para poder recoñecer mellor o súa forma de actuar:

https://static.queeselautismo.com/wp-content/uploads/2016/01/C%C3%B3mo-Saber-si-mi-Hijo-es-Autista.jpg

O protagonista desta historia, Christopher, responde claramente a algunhas destas indicacións por iso pode parecer "retrasado" e aínda que ten 15 anos semella menor polo seu comportamento, pero o autor tamén nos dá certas claves para recoñecer os seus puntos fortes (as matemáticas, a capacidade observadora, etc.) que o sitúan probablemente por riba de moitos dos rapaces da súa mesma idade porque (e botamos man dunha metáfora xa empregada por outras persoas) "o autismo non é un erro de procesamento, senón que é un sistema operativo diferente"

https://iboneolza.files.wordpress.com/2012/02/portada-autismo.jpg

Así que, aínda que estea dentro do espectro autista, non deixa de ser un neno e como todos precisa:

Pensades que Christopher será quen de descubrir o misterio do libro? Que vos parece?

4.3.17

Vaia mestura: Sherlock Holmes e Sevilla!!!

Tócanos agora a lectura dunha breve noveliña de Felipe Santa Cruz, El vagabundo que se creía Sherlock Holmes.
O autor toma un personaxe clásico, Sherlock Holmes, obra de Arthur Conan Doyle
http://www.slate.com/content/dam/slate/articles/health_and_science/science/2012/12/130102_SCI_SherlockHolmes_S.jpg.CROP.rectangle3-large.jpg

e mestúrao cun tipo característico de Sevilla
http://elcorreoweb.es/wp-content/uploads/2015/01/los-que-barren-pa-casita.jpg

O resultado é un detective vagabundo: Pedro Gómez, alias Pedro Guasón (deturpación a partir de Watson que dá nun primeiro momento Guason e finalmente Guasón):
http://www.mylibreto.com/libros/es_sherlock-holmes-vagabundo-felipe-santa-cruz-parodia-novela-detectivesca.html

Este xunto o seu inseparable compañeiro, neste caso un sacerdote afeccionado á lectura, Germán Lozano (irmán de Carlitos, o propietario da "Bodeguita El Traqueteo"), trata de resolver a "misteriosa morte" de Ricardo Lora, un poeta en ascenso.
Vede o anuncio do libro en youtube:


Esta historia histriónica permítenos poñer de manifesto que as cousas que suceden poden ter varias interpretacións segundo quen sexa a persoa que as analice.
Lembrade as palabras de Antonio Machado: "Tu verdad no; la verdad y ven conmigo a buscarla. La tuya, guárdatela" ou tamén a reflexión de Martin Luther King:
https://image.slidesharecdn.com/videoverdad-120710194654-phpapp01/95/video-verdad-31-728.jpg?cb=1341949814