25.3.15

Achegámonos ás Crónicas de la Torre

Novo rumbo: deixamos a dura realidade e evadímonos ao mundo da fantasía.

Leremos El Valle de los Lobos, primeiro volume da tetraloxía de Laura Gallego Crónicas de la Torre.

Magos, unicornios, elfos, lobos... enchen as páxinas desta saga que seguro enganchará a máis de un.

18.3.15

E ti, de que tes ganas?

Un dos parágrafos finais de Trece anos de Branca cóntanos as ilusións e as esperanzas da protagonista:

"Pero sinto aínda máis ganas de que cheguen estes anos que han de vir. Estes anos nos que me vou facendo grande e nos que me van pasar tantas cousas. Quero estudar, e coñecer outras persoas, e contribuír a que muden as cousas e a que o mundo en que habitamos sexa algo mellor. (...) Faría falta que os meus días tivesen máis horas, para que me dese tempo a todo o que quero ler, o que quero ver, o que quero escribir. ¡Sinto tanta ganas de coñecelo todo!"


É iso o que ti esperas do futuro?

Se che interesa saber máis sobre esta etapa tan complexa podes ver un vídeo de Redes, de Eduardo Punset: http://www.rtve.es/television/20121212/adolescencia-hizo-humanos/586206.shtml

 

11.3.15

Unha idade complicada: trece anos

Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz será o primeiro libro que leamos conxuntamente os dous grupos do club de lectura de primeiro ciclo.
Escollémolo porque con trece anos cursas parte de 1ºESO (o segundo ou terceiro trimestre) ou de 2ºESO (o primeiro trimestre). É, polo tanto, a idade que comparten os dous grupos.


4.3.15

Outra perspectiva do ceo

Esta é a canción na que se basea o título de Jordi Sierra i Fabra.

A letra en galego sería:
Mamá, quítame esta insignia. Xa non podo usala. Está escurecendo, está demasiado escuro para ver. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Como tantas outras veces. Mamá, limpa o sangue da miña cara. Xa non podo ver a través del. Teño ese vello e negro sentimento... e perdinlle o rastro. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Como tantas outras veces. Mamá, deixa as miñas pistolas no chan. Xa non podo disparalas. O vello tren negro do paraíso está chegando. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Que semellanza ves entre o tema desta canción e o do libro?