20.2.17

Algo lixeiro para abrir boca

Comezamos a lectura de La felicidad es un té contigo, de Mamen Sánchez.

Trátase dun libro fácil de ler e un tanto ñoño pero que nos achega a varios aspectos que nos interesa destacar:
  • por unha banda temos un grupo de mulleres que trama un plan (algo similar ao que xa leramos en O club da calceta, de María Reimóndez),
  • ademais temos un inglés, Atticus, fóra do seu contorno natural: viaxando en primeira instancia a Madrid e posteriormente a Granada (o que podemos poñer en relación coa idea da ollada allea que é o eixo vertebrador deste curso no club de lectura),
  • aparece Granada, o lugar que visitaremos na nosa viaxe literaria, en concreto o Albaicín
  • a temática xira arredor dos mundo dos libros: unha editorial, unha revista literaria, manuscritos ocultos...
Todos eles ingredientes que  recomendan a lectura do libro, ademais lembrade
non estades de acordo?