20.12.16

É difícil ser diferente

Queriamos reproducir algúns dos textos que máis nos chamaron a atención nas páxinas que vimos de ler de Camiños na auga para tratar de analizar o que aí se di:

É dificil ser diferente nun mundo que parece suspirar do xeito máis absurdo pola uniformidade e no que se estigmatiza a diferenza, sexa esta a que for. (p. 13)
A lectura proporciónalle un pracer indescritible ao lle permitir deixar de ser quen é, abandonar o seu limitado mundo de paria, esquecer a sú carraxe cara a todo, e encarnarse en personaxes moi afastados das súa estigmatizada realidade. (p. 15) 
A mirada de Josephine, inocente e libre de prexuízos, axuda a Szymo a verse de xeito diferente, a mirarse cos ollos dela, e a enxergar por tanto unha imaxe insólita de sei mesmo, moito máis positiva, moito máis humana. (p. 29)
A soidade do río facíalle sentirse ben, dado que lle permitía observarse como  o que era: un home, un rapaz, unha persoa. Sen máis adxectivos. O seu albinismo só existía en realidade cando o miraban os outros. Algúns outros. (p. 61)
Szymo deuse conta de que un non só é o que é, senón que ás veces tamén é o que os outros miran. (p. 75) 
Estás de acordo con estas ideas? A maior parte fai referencia á identidade: que somos? como somos? quen somos?, pero tamén hai unha reflexión sobre a lectura: para que me serve? que me proporciona?

http://img.desmotivaciones.es/201210/ojos_de_mar.jpg

É duro ser dili

Estamos acostumados a escoitar casos de persecución ou incluso maltrato pola cor da pel das persoas. O máis común é que a as persoas morenas ou de cor escura sexan obxecto destas malas accións, pero tamén se dan casos de persecucións aos albinos e os resultados son, se cabe, aínda peores. Neste vídeo podes achegarte á súa situación, a mesma que padece Szymo, o protagonista do noso libro: Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala. 

27.11.16

A perda da inocencia

Despois dunha das escenas máis fortes da novela Emma, a cociñeira, pregúntalle a Pierrot:
"¿De verdad es tan fácil que los inocentes se corrompan?" (páx. 222)
 
http://img.desmotivaciones.es/201503/mundo-guerra-desmotivaciones.jpg


http://img.desmotivaciones.es/201206/tumblr_m0ye5uaBvv1qltmq1o1_500.jpg

Estás de acordo con estas observacións?

21.11.16

Anxo ou demo?

Na nosa vida temos que elixir entre o que está ben e o que está mal, entre ser un anxo ou ser un demo..., pero non sempre as cousas son así de simples e en numerosas ocasións na vida os límites non son fixos senón que se dilúen: o que está ben pode ser malo ou que está mal pode ser bo.

http://img05.deviantart.net/56a2/i/2015/111/a/3/meme_lilith_angel_y_demonio_by_kiraokami-d6f9ljx.png

Iso é o que sucede coas nosas seguintes protagonistas: Elvira, unha anciá beata, e Luz, cínica prostituta, que coinciden e se complementan.
En ambos casos aparecen os mesmos temas: o abuso de poder, a rebeldía, o analfabetismo, a explotación... e a mesma necesidade de acabar coas inxustizas.

Cal cres que será a solución que atopen para saír adiante?

Aí van algunhas afirmacións das protagonistas que che poden servir de pista:
  • Elvira: "Estes días ando matinando (...) na nosa determinación (...) dubidando de se soltar o lastre da obediecia" (páxina 158).
  • Luz: "A xustiza, claro, nunca é perfecta" (páxina 177) e máis adiante afirma: "Este tío non merece seguir vivo" (páxina 193) e continúa na páxina seguinte "Non aquí, non eu".

http://www.lauracasasa.com/wp-content/uploads/2011/02/interrogacion.jpg

14.11.16

Referencias bibliográficas

Nestas primeiras cento e pico páxinas que lemos de El niño en la cima de la montaña aparecen varias referencias a outras obras literarias, localizástelas?

  1. na páx. 42 cita ao escritor inglés que lle apuxo mala fama aos orfanatos Charles Dickens: trátase da novela Oliver Twist.
  2. na páx. 55 Pierrot lembra ter lido El hombre de la máscara de hierro, de Alejandro Dumas.
  3. na páx. 65 aparecen dous personaxes Bruno e Gretel, que son dous dos protagonistas do libro predecesor deste que lemos: é O neno co pixama de raias. Máis tarde (páx. 72 e seguintes) tamén aparece un mozo das xuventudes hitlerianas, Rottenführer Kotler, que lembra ao tenente Kotler do que se namoraba Gretel nese mesmo libro.
  4. na páx. 75 Pierrot recibe como agasallo Emil y los detectives, de Erich Kästner.
  5. na páx. 115 citan aos liliputienses, un dos pobos que visita Gulliver en As viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift.
  6. na páx. 125 fai referencia ao libro escrito polo dono da casa: A miña loita, de Adolf Hitler.
Alguhas destas obras teñen versión cinematográfica por se non as lestes e queredes ir facendo boca:




8.11.16

Algunhas protagonistas...

É así como se ven as mulleres das primeiras historias de O club da calceta? Ou así é como as ven?
"Burra peideira, morsa, balea, vaca, foca. A escola. Matilde intenta pechar os ollos máis forte por se así se lle pasa esa náusea da lembranza da escola. Un edificio de tixolo, os pupitres verdes, mestres con gafas... "Haille que cambiar o pupitres, que neste xa non colle." "É unha monstra!". Ai, ai, non quere pensar niso. Concéntrate, Matilde."

"-Que pasa hoxe, tetuda? Vaia par de melóns, quen mos dera!
A estas alturas xa non debería poñerse encarnada -de ira, por suposto-, porque a frecuencia mata os efectos. Ou acentúaos por repetición. Xa é demasiado. Hoxe é demasiado. Normalmente ignora este tipo de agresións, mais hoxe parécelle un pernicioso costume adquirido. Dá a volta.
-E a vós que vos fan, un exame parcial para traballar na obra? Anda con ollo, á próxima voute denunciar -e faille un corte de manga.
Por suposto a lista continúa. Anxos segue camiñando pola rúa marcando os pasos con violencia. Son xa demasiados anos de crer que non importa o que consigan -pouco- as mulleres -algunhas- porque sempre, en calquera esquina vai haber algún imbécil para lembrarlles que non son máis ca un cacho de carne con patas. É marabilloso. Incrible. Inaceptable."

"Pero nese momento non teño humor para tanto, nada máis investigo por que, por que non pasa nada na miña vida, por que todo indica que este pelo louro e estes ollos verdes non dan máis que problemas, que corresponder ás medidas esas das que falan as revistas e polas que se operan unha chea de mulleres infelices tampouco soluciona o problema básico. Que para min non era outro que atopar alguén que me quixese. Tan simple. Tan complexo. (...) Comezo a pensar novamente que ao final vai acabar sendo certo. Acabará sendo certo porque acabarei créndoo. Refírome ao de ser parva. É o que pensa a xente en canto me ve. Unha loira parva. E ao final vou acabar crendo que si o son." (Rebeca)


Observa que case todos os seus problemas se reducen ao seu físico. É realmente tan importante o aspecto dunha persoa?
http://www.bajardepeso10.com/wp-content/uploads/2014/03/mujeres-delgadas.jpg

26.10.16

Autopresentación

Que mellor que o propio autor nos fale do libro que imos ler?

Que vos parece? Animados para ler?

19.10.16

Todos somos diferentes!

Iniciamos o primeiro grupo do club deste curso. A lectura escollida foi O club da calceta, de María Reimóndez, publicada en 2006.
Trátase dun libro que acadou certo recoñecemento: foi finalista do Premio Xerais en 2005 e acadou o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 207, foi traducida ao castelán e ao italiano e adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Antón Dobao en 2009.
As seis protagonistas (Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda) vannos mostrar como é a súa vida sendo... como son.
Para saber máis sobre a autora podedes visitar a súa interesante páxina web: http://www.mariareimondez.com

http://ficcion-producciones.com/web/wp-content/uploads/2013/12/el-club-de-la-calceta.jpg

11.10.16

Non é a mirada, é quen mira...

Ábrese outro capítulo máis na historia do noso club. Comeza un novo curso: algúns integrantes marcharon (botarémosvos moito de menos), outros continuamos aquí e tamén incorporamos bastantes novos elementos. Xuntámonos ao final 37 persoas, entre alumnado e profes. Un bo número, non vos parece?

Nesta ocasión o fío que ligará as nosas lecturas será:

a mirada allea,

que fai referencia tanto a como nos ven os demais como á forma como vemos as cousas cando somos nós os diferentes, os alleos ben polo noso aspecto, orixe, idade, raza, orientación sexual...
http://blogs.montevideo.com.uy/imgnoticias/200806/13061.jpg
https://romperelasfalto.files.wordpress.com/2015/01/images-5.jpg?w=510

http://ep00.epimg.net/elpais/imagenes/2015/10/02/fotorrelato/1443783251_731249_1443784857_album_normal.jpg

 Como o vedes?

20.4.16

A GUERRA

O contexto no que se desenvolve a novela é a Guerra Civil.

Unha guerra civil é unha loita entre iguais, entre cidadáns dun mesmo pobo.

Como toda guerra carece de sentido e máis se valoramos as súas consecuencias.

Que pensades que perdemos cando sufrimos unha guerra?

Que é o que máis lamentariades perder cada un de vós?


http://cdn.20m.es/img2/recortes/2011/01/13/5857-944-1400.jpg

13.4.16

DERROTADOS

https://capakhine.es/images/derrota_ajedrez_ninos.jpg
Que significa derrotado?
Buscando no dicionario atopamos que fai referencia ao vencido, a quen quedou sen forza ou resistencia (tanto física como moral) ou mesmo quen chegou ao seu límite.
Pois así serán os personaxes da obra que comezamos a ler: Los girasoles ciegos, de Alberto Méndez, catro contos que pretenden recuperar a memoria da Guerra Civil española e da inmediata posguerra.

http://gregtork.files.wordpress.com/2008/12/los-girasoles-ciegos-alberto-mendez.jpg

Nesta obra o autor fala de derrotas (de feito cada capítulo recibe este nome). Tentade lembrar se algunha vez vos sentistes derrotados: cal foi o motivo? como foi a sensación? que veu despois?

5.4.16

E non se pode calar...

https://cuentosdepukka.files.wordpress.com/2011/11/392123_282061908492063_211975322167389_946388_2009710747_n3.jpg

Hai unha nena que vive no tobo dos lobos. Cando os seus compañeiros de escola volven alegres aos seus fogares, ela debe tomar un camiño de medo, escuridade e dor. Vive rodeada de silencio. Ás veces gustaríalle falar, pero os seus beizos non poden moverse. Só murmura na súa cabeza: A de alondra, B mece ao bebé, C como un cisne..

Coñece dous tipos de días, os de vermello e os de cor azul.
Nos días vermellos, hai dor, os lobos oubean sen parar, sente os seus berros e a calor dos seus corpos pesados. Son os días en que o corazón se rompe. Ela pensa que todo é culpa súa, que as cousas malas suceden porque ela fai algo moi mal. O seu segredo pesa máis e máis pero sente que non podería afastarse dos seus lobos, debe protexelos.
Nos días azuis a dor e a decepción escóndense un pouco, o tobo cheira a castañas e o medo non se nota tanto. Estaría ben ter só días azuis para sempre.

Unha mestra da escola que cheira a pan tostado e é a seguridade, a tranquilidade; chega a romper o silencio do segredo. Sorrí e os seus ollos acariñan o debuxo inacabado. A nena empeza a chorar, as palabras atopan os seus camiños e o peso comeza a alixeirarse.

Isto non é o amor

Todos temos a obriga de vixiar o maltrato aos nenos e falar sobre este tema tan importante: o abuso.

Algunhas das películas baseadas en libros referidos a esta temática son:


Lolita, de Nabokov (versión cinematográfica de 1962 de Stanley Kubrick)


https://pacotraver.files.wordpress.com/2012/02/lolita2.jpg

El color púrpura, de Alice Walker (versión cinematográfica de 1985 de Setven Spielberg)


https://unodelibros.files.wordpress.com/2012/07/img_20120719_073931.jpg

"Eclipse total" baseada na novela de Stephen King Dolores Calirborne (versión cinematográfica de 1995 de Taylor Hackford)


http://www.elmundodelosasi.org/wp-content/uploads/2011/10/eclipsetotal.jpeg

Atando cabos, de Annie Proulx (versión cinematográfica de 2001 de Lasse Hallström)


http://pics.filmaffinity.com/Atando_cabos-299716806-large.jpg

Mistyc river, de Dennis Lehane (versión cinematográfica de 2003 de Clint Eastwood)


http://www.biosstars-mx.com/wp-content/uploads/2013/12/Mystic-River-Divx-frontal-DVD.jpg

"Precious" baseada na novela de Sapphire Push (versión cinematográfica de 2009 de Lee Daniels)

https://paragustosmilcolores.files.wordpress.com/2011/10/precious.jpg

Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larsson (versión cinematográfica de 2011 de David Fincher)

http://sobreelmundodelcine.com/wp-content/uploads/2011/12/millennium-los-hombres-que-no-amaban-a-las-mujeres-2011.jpg

Ademais tamén podemos atopar referencias a esta situación en obras como El país de las mujeres (2010), de Gioconda Belli ou El resto es silencio (2012), de Jordi Sierra i Fabra.

8.3.16

Autolesionarse?

Nalgún momento da historia insinúase que a protagonista se autolesiona pero non sabemos cales son os motivos que a levan a facer iso...
Os factores de risco que aumentan a probabilidade de desenvolver esta afección segundo a ASeFo (Autolesion Selfinjury Foro) son:
  • Sexo: feminino
  • Idade: adolescencia
  • Abuso sexual, físico ou emocional durante a infancia
  • Violencia ou algún outro abuso de familiares no fogar 
  •  Retraso mental
  • Autismo
  • Certos transtornos metabólicos
  • Transtorno de estrés postraumático
  • Reclusión en prisión
  • Os dous primeiros factores coinciden con Bárbara e o terceiro e cuarto poderían darnos algún indicio do que a levou a esta situación.
    Unha das famosas que pasou por este calvario foi Demi Lovato (actriz protagonista de Camp Rock). Estás de acordo coa afirmación que fai nesta imaxe?

    27.2.16

    DESAPARECIDOS

    Un dos temas de Palabras envelenadas é a desaparición dunha rapaza: Bárbara.

    A desaparición de persoas en España é un problema de difícil solución.

    O senado elaborou un informe sobre os expedientes abertos por desaparecidos: case 3.500 desaparicións permanecen sen resolver desde 1977 ata hoxe. Os datos remóntanse a 1977, ano ao que pertencen as dúas únicas denuncias que seguen sen resolver e os últimos rexistros chegan ata abril do 2015, cando había 768 pendentes de esclarecer.

    A pesar do paso do tempo e do arquivo xudicial das causas, os expedientes por desaparición non se pechan nunca (como moito permanecen inactivos, pasivos, á espera de novos indicios ou de que un xuíz decida reabrir ocaso).
     
    Moitas son as incognitas que quedan por resolver...
    Podemos preguntarnos sobre asuntos como se se van por que queren ou porque os obrigan a marchar? ou, se se trata da primeira hipótese, que é o que pode motivar a fuxir a unha persoa da súa casa? Pensemos sobre iso...

    Confraternizando no teatro

    O venres 26 de febrero o alumnado de segundo ciclo do CPI acudiu ao Fórum metropolitano da Coruña para asistir á representación da obra Misterio cómico da compañía Teatro do Morcego, interpretada por Celso Parada.
    Alí tivemos a sorte de coincidir cos compañeiros do IES de Viós, cos que compartimos lecturas no club.

    A mágoa é que só estaban algún dos rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e non todos os integrantes do club...
     
    Quedamos de volver xuntarnos para alguna outra actividade cultural (cine, teatro...) e así poder intercambiar experiencias, comentar libros ou simplemente charlar.

    22.2.16

    Unha nova historia

    Unha nova aventura nos agarda nas páxinas de Palabras envelenadas, obra de Maite Carranza, que comezamos agora a ler.
    A historia xira arredor de tres personaxes:
    • unha muller que perdeu una filla
    • un inspector de policía que se vai xubilar
    • unha rapaza atrapada

    Todos eles están relacionados e a intriga está en como avanzará a historia. Seguro que vos engancha.

    16.2.16

    E na música...

    Por suposto na música tamén está presente unha temática tan complexa como a SIDA.
    Podes consultar  a páxina web de Pablo Giraldo onde inclúe unha listaxe de 20 cancións relacionadas co tema. Entre as ofertadas neste sitio seleccionamos unha polo seu positivismo:

    

    15.2.16

    No cine

    O tema da SIDA foi tratado amplamente no cine dende a década dos 90. Algúns dos títulos que máis nos chamaron  atención son Los amigos de Peter (1992) ou Philadelphia (1993).
     
    Máis actuáis e relacionadas tamén co tema: Dallas Buyers Club (2013) e Pride (2014).


    













    11.2.16

    Salvarse da morte...


    De que xeito podemos afrontar a morte?  ou é máis importante saber como afrontar a vida?

    Coidado! Poderías ser ti...

    A SIDA está ao noso redor. Aprendemos a convivir con esta enfermidade e tras os primeiros anos de medo e precaución, relaxáronse os costumes e agora volve repuntar o seu contaxio.

    Escoita a seguinte historia:



    Que che parece?

    1.2.16

    Cartas de amor

    Agora que se achega o Día de San Valentín é o momento o de escribir cartas de amor... Que vos parece a que lle escribe Nico á protagonista do libro en Futuro imperfecto?


    Cantas palabras me quedaban por dicir, cantas letras que aínda non escribín e que agora só me sae o teu nome, Xulia, Xulia... Palabra perfecta envolta polos meus sentimentos, tanto tempo alimentados polo doce eco do teu son máxico. Xulia, Xulia... Como ampliar o discurso, atopar outras voces, xuntar frases, facer delas poesía e expresar con ela o que o teu nome me evoca.
     
    Que momentos de especial vibración fan correr a miña pluma cara a calquera papel, deixar que os meus sentimentos voen detrás dela. Raros e poucos momentos como este en que a impulsos de emocións fan que che escriba para comprobar que todo o que escribín é o teu nome, ateigado de minutos, horas, sitios, luces de lembranza, bicos, aloumiños e momentos que aínda non vivimos. O teu nome cargado de vida que aínda non vivimos.
     
    Agora, aínda que só sexa fantasía, no teu nome cargo todo o meu amor, soñando que a túa persoa veña apoderarse do que é de seu.
     
    Quérote, Xulia.
     
    Nico.
     
    O amor (dos pais, da parella, etc.) consegue sacar á protagonista dunha situación desesperada...
     
    Estás de acordo coa afirmación: "o amor salva"?
     

    21.1.16

    Como afrontar o desastre?

    Aquí temos unha canción que nos mostra unha das posibles saídas...



    Pero no libro óptase por loitar, por saír adiante.

    E chegaron os problemas...

    O problema chega á casa da protagonista de Futuro imperfecto:

    "Sentín roldar a morte ao noso redor e, intimamente, desprecieina, desafieina, propúxenme plantarlle cara e, por descontado, gañarlle a partida."
     
    Le agora estas reflexións:
    • Moitos cren ter problemas, outros téñenos de verdade.
    • A felicidade non é a ausencia de problemas senón a habilidade de saír adiante con eles. 
    • Os problemas nunca se acaban; as solucións, tampouco.

    Como afrontariades vós a situación da protagonista?
     
     


     
     
    

    14.1.16

    Contigo aprendín...

    Que aprendemos das persoas que temos ao noso lado? Nunca nos paramos a pensalo pero é moito máis do que imaxinamos.

    A protagonista de Futuro imperfecto cóntanos o que aprendeu do seu compañeiro:

    "Ao teu lado aprendín as leccións máis importantes e iso melloroume, fíxome consciente e forte, aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén..."

    Coincide coa visión que mostra o seguinte vídeo que une escenas da película de animación UP co bolero de Armando Manzanero interpretado por Andrés Calamaro.


    Cambiar o mundo!!!

    Velaquí algunha das frases presentes no libro Futuro imperfecto:
     
    "Ía mudar a miña vida e ía mudar o mundo. Abofé a miña vida mudou, mais o mundo... case me engole."
     
     
    Fíxate no que din algunhas personalidades respecto disto:
    • Resulta que se un non se apura a cambiar o mundo, despois é o mundo o que cambia a un. (Quino)
    • As personas que son tan tolas e cren que poden cambiar o mundo, son as que o logran. (Steve Jobs)
    • Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. (Malala)
    • Non intentes cambiar omundo, intenta que o mundo non te cambie a ti. (Carlos Ruiz Zafón)
    • Que marabilloso é que ninguén necesite esperar nin un so momento antes de comezar a mellorar omundo. (Ana Frank)
    • Aeducación é a arma máis poderosa que podes usar pa ra cambiar omundo. (Nelson Mandela)
     e observa esta imaxe:
     
    Reflexionade vós agora sobre todo isto...