30.1.17

A filosofía de Szymo

Ao longo do texto o protagonista, Szymo,  vai dando unha serie de ideas de como se debe comportar un ante a vida, é a súa filosofía de vida:
Cantas veces non se de deixa pasar un agora fantástico por un despois que nunca chega a materializarse? (p. 118)
Nesta vida o único censurable é non facer nada. (p. 162)
Ás veces (...) o que vemos non é, como cremos, a mirada dos demais, senón tan só un reflexo da nosa propia ollada. (p. 200)
Case sempre se recibe o que se dá (p. 206)
Apostar pola amizade de alguén é unha forma case infalible de asegurala (p. 206)

Que che parecen  as súa ideas?
https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/76/d5/7c/76d57c250def4479b352d538c95c12c5.jpg

La difference

Szymo queda impresionado cando escoita a seguinte canción:

SALIF KEITA - LA DIFFERENCE from Laurent Seroussi on Vimeo.

porque se ve reflectido na súa letra.

10.1.17

Ender ou como ser admitido

Que debe facer un neno cando é malo ser diferente pero tamén é criticado por non selo? Ese é o punto de partida do libro El juego de Ender: Ender ten a pantalla e é especial, quítanlle o aparello e bótanlle en cara non selo...
http://sobrecomic.com/wp-content/uploads/2008/07/el-juego-de-ender-interior.jpg

Un aspecto relacionado con isto é a situación constante de acoso que sofre, independentemente do lugar no que estea: na escola (Stilton), na casa (Peter), na aeronave (Bernard), etc.
Por outra banda, gran parte do traballo de formación de Ender pasa por que non teña amigos, para que non forme parte do grupo senón que aprenda a liderar o grupo (Schopenhauer dicía: "A soidade é a sorte de todos os espíritos excelentes" ,é dicir, o tópico da soedade do líder).
https://www.google.es/search?q=la+soledad+del+lider&rlz=1C1AVNA_enES592ES593&espv=2&biw=1024&bih=473&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwj017Sd4LfRAhVCShQKHUcOBuQQ_AUIBigB#imgdii=vwKlfC-iJJ4QQM%3A%3BvwKlfC-iJJ4QQM%3A%3BXDKJFR-5-8UwWM%3A&imgrc=vwKlfC-iJJ4QQM%3A

Estades de acordo con estas situacións? Que solucións propoñedes?