17.11.21

10 NEGRITOS: AMPLIANDO INFORMACIÓN

A lectura do club de 2º ciclo, Diez negritos, cuxo título orixinal era And Then There Were None (E non quedou ningún), conta con múltiples formatos para achegarnos á xenial historia creada por Agatha Christie.

En primeiro lugar, foi levada múltiples veces ao medio cinematográfico. A primeira adaptación foi obra de René Clair, en 1945, logrando un film bastante fiel á obra. Destaca posteriormente unha versión de 1974 de Peter Collinson, inferior á primeira pero contando coa voz de Orson Welles. Xa en 2015 estreouse na BBC One a miniserie And Then There Were None, de tres episodios, para conmemorar o 125º aniversario do nacemento da autora.


Como curiosidade apuntamos que existen ademais outros formatos máis lúdicos para achegarnos a esta novela: ben como xogo de mesa (2014) ou mesmo como un videoxogo para PC co nome "Agatha Christie: Y no quedó ninguno" (publicado en febreiro de 2008).



 

11.11.21

TOLAS POLO MANGA

Incluímos a información que solicitastes na reunión do club de manga e que Sabela nos achegou:

Para poder ver anime na rede podemos usar:

·       https://m.animeflv.net. Boa páxina, pero con publicidade.

·       https://tioanime.com. Moi boa e pode accederse dende os ordenadores do centro.

·       https://animeflash.xyz. Con poucos anuncios.

·       Netflix. Ademais de que hai que pagar por usar a plataforma, as traducións non son moi boas e as dobraxes frouxas. Punto a favor é que se garda o progreso e podemos cambiar de idioma sen problema.

·       Cunchyroll. Plataforma especializada en anime e con moi boa calidade.

Para poder ler mangas podemos empregar:

·       https://lectortmo.com. Páxina sen anuncios á que se pode acceder dende os ordenadores do centro. Moi sinxela de manexar e moi ben traducida.

·       Webtoon. Está ben e é de uso fácil.

·       Manga dogs. O peor son os anuncios...




4.11.21

SAILOR MOON

A nosa primeira aproximación ao mundo do manga chega grazas á colaboración de Sabela Carrondo Rodríguez, alumna de 3ºESO, que está disposta a guiarnos por este fascinante mundo do cómic xaponés.

A súa primeira proposta é Sailor Moon, escrita e debuxada por Naoko Takeuchi. Trátase dun clásico que, segundo nos comentaba Sabela, xa vía a súa nai na versión televisiva cando era nena.


Nós imos ler só a primeira entrega pero a saga conta con 18 títulos para que os que queiran seguir coa lectura.

Ademais, como xa comentamos, existe unha versión para televisión tanto en anime (que difire en parte do contido do manga) como en imaxe real (máis fiel ao texto orixinal).

Máis información sobre este manga podedes atopala na páxina de fandom ou ou mesmo na wikipedia.