27.11.16

A perda da inocencia

Despois dunha das escenas máis fortes da novela Emma, a cociñeira, pregúntalle a Pierrot:
"¿De verdad es tan fácil que los inocentes se corrompan?" (páx. 222)
 
http://img.desmotivaciones.es/201503/mundo-guerra-desmotivaciones.jpg


http://img.desmotivaciones.es/201206/tumblr_m0ye5uaBvv1qltmq1o1_500.jpg

Estás de acordo con estas observacións?

21.11.16

Anxo ou demo?

Na nosa vida temos que elixir entre o que está ben e o que está mal, entre ser un anxo ou ser un demo..., pero non sempre as cousas son así de simples e en numerosas ocasións na vida os límites non son fixos senón que se dilúen: o que está ben pode ser malo ou que está mal pode ser bo.

http://img05.deviantart.net/56a2/i/2015/111/a/3/meme_lilith_angel_y_demonio_by_kiraokami-d6f9ljx.png

Iso é o que sucede coas nosas seguintes protagonistas: Elvira, unha anciá beata, e Luz, cínica prostituta, que coinciden e se complementan.
En ambos casos aparecen os mesmos temas: o abuso de poder, a rebeldía, o analfabetismo, a explotación... e a mesma necesidade de acabar coas inxustizas.

Cal cres que será a solución que atopen para saír adiante?

Aí van algunhas afirmacións das protagonistas que che poden servir de pista:
  • Elvira: "Estes días ando matinando (...) na nosa determinación (...) dubidando de se soltar o lastre da obediecia" (páxina 158).
  • Luz: "A xustiza, claro, nunca é perfecta" (páxina 177) e máis adiante afirma: "Este tío non merece seguir vivo" (páxina 193) e continúa na páxina seguinte "Non aquí, non eu".

http://www.lauracasasa.com/wp-content/uploads/2011/02/interrogacion.jpg

14.11.16

Referencias bibliográficas

Nestas primeiras cento e pico páxinas que lemos de El niño en la cima de la montaña aparecen varias referencias a outras obras literarias, localizástelas?

  1. na páx. 42 cita ao escritor inglés que lle apuxo mala fama aos orfanatos Charles Dickens: trátase da novela Oliver Twist.
  2. na páx. 55 Pierrot lembra ter lido El hombre de la máscara de hierro, de Alejandro Dumas.
  3. na páx. 65 aparecen dous personaxes Bruno e Gretel, que son dous dos protagonistas do libro predecesor deste que lemos: é O neno co pixama de raias. Máis tarde (páx. 72 e seguintes) tamén aparece un mozo das xuventudes hitlerianas, Rottenführer Kotler, que lembra ao tenente Kotler do que se namoraba Gretel nese mesmo libro.
  4. na páx. 75 Pierrot recibe como agasallo Emil y los detectives, de Erich Kästner.
  5. na páx. 115 citan aos liliputienses, un dos pobos que visita Gulliver en As viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift.
  6. na páx. 125 fai referencia ao libro escrito polo dono da casa: A miña loita, de Adolf Hitler.
Alguhas destas obras teñen versión cinematográfica por se non as lestes e queredes ir facendo boca:




8.11.16

Algunhas protagonistas...

É así como se ven as mulleres das primeiras historias de O club da calceta? Ou así é como as ven?
"Burra peideira, morsa, balea, vaca, foca. A escola. Matilde intenta pechar os ollos máis forte por se así se lle pasa esa náusea da lembranza da escola. Un edificio de tixolo, os pupitres verdes, mestres con gafas... "Haille que cambiar o pupitres, que neste xa non colle." "É unha monstra!". Ai, ai, non quere pensar niso. Concéntrate, Matilde."

"-Que pasa hoxe, tetuda? Vaia par de melóns, quen mos dera!
A estas alturas xa non debería poñerse encarnada -de ira, por suposto-, porque a frecuencia mata os efectos. Ou acentúaos por repetición. Xa é demasiado. Hoxe é demasiado. Normalmente ignora este tipo de agresións, mais hoxe parécelle un pernicioso costume adquirido. Dá a volta.
-E a vós que vos fan, un exame parcial para traballar na obra? Anda con ollo, á próxima voute denunciar -e faille un corte de manga.
Por suposto a lista continúa. Anxos segue camiñando pola rúa marcando os pasos con violencia. Son xa demasiados anos de crer que non importa o que consigan -pouco- as mulleres -algunhas- porque sempre, en calquera esquina vai haber algún imbécil para lembrarlles que non son máis ca un cacho de carne con patas. É marabilloso. Incrible. Inaceptable."

"Pero nese momento non teño humor para tanto, nada máis investigo por que, por que non pasa nada na miña vida, por que todo indica que este pelo louro e estes ollos verdes non dan máis que problemas, que corresponder ás medidas esas das que falan as revistas e polas que se operan unha chea de mulleres infelices tampouco soluciona o problema básico. Que para min non era outro que atopar alguén que me quixese. Tan simple. Tan complexo. (...) Comezo a pensar novamente que ao final vai acabar sendo certo. Acabará sendo certo porque acabarei créndoo. Refírome ao de ser parva. É o que pensa a xente en canto me ve. Unha loira parva. E ao final vou acabar crendo que si o son." (Rebeca)


Observa que case todos os seus problemas se reducen ao seu físico. É realmente tan importante o aspecto dunha persoa?
http://www.bajardepeso10.com/wp-content/uploads/2014/03/mujeres-delgadas.jpg