17.12.15

Algunhas opinións

Reproducimos a continuación fragmentos dalgúns comentarios feitos polo alumnado ao rematar Lo que encontré bajo el sofá.

"Me gustó que las diferentes historias se mezclaran en el libro y, al final, todo encajase correctamente."
(María Rodríguez Cobo, 1ºESO)
 
"El libro me gustó porque era muy entretenido y a la vez enigmático e interesante."
(Marta Rodríguez Cobo, 1º ESO)
 
"El final es muy inesperado y bonito."
(Antía García Seoane, 1º ESO)
 
"Me gustó mucho porque este libro es diferente a los demás debido a que combina muchas cosas que me gustan."
(Víctor Rodríguez Varela, 2º ESO)
 
"Me gusta mucho la historia"
(Marco Bertua Bello, 2º ESO)
 
"Me gustó que fuese intercalando las historias de los diferentes personajes"
(Helena Rodríguez Rodríguez, 2º ESO)
 

"Me gustó mucho el libro y también los personajes. El final no me lo esperaba y me pareció muy sorprendente"
(Alba Seijas Piñón, 2º ESO)
 
"Este libro me ha gustado porque mezcla los puntos de vista a la hora de narrar. Además me gusta como se desarrolla la historia: la forma de narrar de Eloy Moreno hace que te enganches al libro y  no puedas parar de leer."
(Claudia Barral Sánchez, 3º ESO)
 
"El libro Lo que encontré bajo el sofá me parece un buen libro porque trata temas muy comunes desde un punto de vista diferente. También ma ha gustado mucho porque se cuentan varias historias a un tiempo que al final tienen el mismo desenlace."
(Luís Mosquera Conde, 3º ESO)
 
 

16.12.15

Por que o futuro se volve imperfecto?



Esa é unha pregunta que nos debemos facer. Todos desexamos ter unha boa vida, un "futuro perfecto". Traballamos para iso... pero ás veces algo se cruza no noso camiño e todo se torce.
 
Consulta esta entrevista a Xulia Alonso publicada no Faro de Vigo o 11 de abril do 2011 para saber que pode saír mal.

"Eu cheguei a Santiago para loitar pola miña independencia e alí perdina; fíxenme dependente"

9.12.15

Moitos futuros imperfectos

O futuro é una incógnita por descifrar e esta dúbida constituíuse en tema para moitas obras literarias, incluso co mesmo título, de temáticas moi diferentes:

 Resultado de imagen de futuro imperfecto libroResultado de imagen de futuro imperfecto libroResultado de imagen de futuro imperfecto libroResultado de imagen de futuro imperfecto libroResultado de imagen de futuro imperfecto libro58 Pretérito Imperfecto PortadaResultado de imagen de futuro imperfecto libro


Ata viñetas:
 
Pero nós ímonos centrar nesta:



 Cal será o futuro que nos presenta Xulia Alonso? Comezade a ler e xa o veredes...

22.11.15

Campaña a prol da lectura?

Fixádevos nisto:

Non se trata dunha campaña publicitaria para promover a lectura agora que volve estar de moda Star Wars, senón que é unha camiseta que atopamos nunha tenda camiñando polas rúas de Santiago. A tenda chámase Who killed Bambi? e foron moi amables ao deixarnos facerlle una foto a esta orixinal idea.

Xa coñeciamos outras iniciativas similares:


Ocorrésevos algunha outra campaña? Intentádeo,

10.11.15

Os protagonistas da nosa historia

Estes son os nosos protagonistas: o alumnado que forma parte do Club de lectura.

 
Grazas polo voso compromiso.

Adiviña...

Dende o club de lectura poñemos en marcha un concurso aberto a todo o alumnado do centro, que terá unha periodicidade mensual:
"Creación propia".
O xogo consiste en adiviñar algo partindo dun texto dado. Nesta primeira ocasión o texto pertence a un novelista premiado co Nóbel de Literatura, Gabriel García Márquez, e o alumnado debe adiviñar como remata esa historia.


Premiaranse tanto os que se acheguen máis ao fin real da historia, como os que dean as súas propias versión imaxinativas.
Estes finais propios deberán introducirse nunha caixa habilitada na Biblioteca para tal efecto, acompañados do nome e apelidos do autor/a.
Imos ver cantos se animan a participar...

5.11.15

A xustiza

Fixádevos nesta frase que di nun momento Marcos, o policía da historia:

"Hay demasiada distancia entre la ley y la justicia"

 
Podemos poñela en relación co desfiuzamento que aparece na páxina 71 do libro e co artigo que apareceu en El Mundo o pasado 3 de xullo de 2015: Rosa, 13 años: A mi padre le mató el estrés del desahucio.

3.11.15

Tema transversal: acoso escolar

Dentro do argumento do libro que estamos lendo aparece un problema sobre o que hai que reflexionar...

22.10.15

A sabedoría de Lennon

Aquí tedes o texto completo da cita que figura na primeira páxina de Lo que encontré bajo el sofá. Fíxádevos que cousas tan interesantes nos di:



Estades de acordo con estas ideas?

12.10.15

Xuntos somos máis

Este ano decidimos contactar con outros centros para compartir experiencias lectoras. Botamos man de dous clubs de lectura con bastante peso:
  • o do IES Universidade Laboral de Ourense, cos que leremos Lo que encontré bajo el sofá, de Eloy Moreno.


  • o do IES de Viós (A Coruña), cos que leremos Palabras envelenadas, de Maite Carranza.
Club de Lectura





 






Pero esta colaboración no se vai limitar á lectura. Xa veredes. Haberá alguna sorpresa...

4.10.15

A ver o que atopamos nós...

O primeiro libro que imos ler nesta nova andaina do club de lectura é a obra de Eloy Moreno, Lo que encontré bajo el sofá.
Para ir facendo boca fixádevos nestes fragmentos extraídos da novela.




Os fantásticos libros voadores

A ver que vos parece esta curta: Gañou o Óscar a mellor curtametraxe no ano 2012. En que vos fai pensar?

24.9.15

De volta

Outra vez de volta. Comeza o curso 2015/2016 e volvemos ás andadas...
Como sempre haberá algúns cambios pero o fundamental continúa aí: a nosa paixón polos libros.

Non, comer non os imos comer, pero devorar pode ter máis dun sentido:

devorar verbo transitivo
1 Comer un animal [a presa] esgazándoa cos dentes. Os leóns devoraron o antílope.
2 figurado Comer con ansia e á présa. Este rapaz non come, devora a comida.
3 figurado Ler con grande interese. Devora as novelas de terror.
4 figurado Fixar a vista en [algo ou alguén] amosando un gran desexo ou paixón. Devorábaa cos ollos.
5 figurado Destruír [algo ou a alguén] o lume, unha paixón, unha enfermidade etc. As chamas ían devorando pouco a pouco o edificio.

A terceira acepción é a nosa: ler con grande intensidade,

estades preparados?

29.4.15

Regreso á realidade, pero en pasado

O libro de John Boyne El niño con el pijama de rayas tráenos de novo á realidade.

Trátase dun triste pasado que non podemos esquecer e do que temos moito que aprender.

Leremos o libro, veremos a película e comentaremos todo o comentable:

1. as diferenzas entre os dous soportes da historia.
2. a adecuación dos personaxes e a ambientación.
3. o episodio histórico que se retrata.
4. os sentimentos e emocións que provoca.
5. os motivos do éxito da obra.





22.4.15

Tamén hai xogo de rol

Por se vos interesa da saga de Laura Gallego que estamos lendo existe un xogo de rol na rede.

 
Alguén se anima a participar?


15.4.15

Frases escollidas

Aquí vos deixo algunhas das frases máis interesantes de Kai:

Vive muchos años, vive intensamente, vívelo todo.

Los sentimientos son parte de la vida, y no nacen dentro de ti para que tú los encierres bajo siete llaves.

Tarde o temprano encontrarás tu lugar en el mundo. No sufras por ello.

 Escúchame bien. Correr aventuras es emocionante, intenso. Pero nada, ¿me oyes?, nada vale tanto como para dar la vida por ello. Nada. No lo olvides nunca.


Ou do Maestro:
La vida es el único fin de toda criatura. Y toda criatura hará lo posible por prolongarla, la suya y la de sus hijos. Una vez comprendas esto, comprenderás el mundo y te será más fácil controlarlo.

Estades de acordo con estas sentencias?
 
 
Podedes consultar máis frases en http://es.wikiquote.org/wiki/Cr%C3%B3nicas_de_la_Torre.

8.4.15

Unha visión persoal

Unha das compañeiras do club, Helena,  fixo un debuxo do unicornio que aparece na obra El Valle de los Lobos. Como a verdade é que lle quedou moi ben ímoslle dar publicidade.
Grazas, Helena, por compartir o teu traballo!

25.3.15

Achegámonos ás Crónicas de la Torre

Novo rumbo: deixamos a dura realidade e evadímonos ao mundo da fantasía.

Leremos El Valle de los Lobos, primeiro volume da tetraloxía de Laura Gallego Crónicas de la Torre.

Magos, unicornios, elfos, lobos... enchen as páxinas desta saga que seguro enganchará a máis de un.

18.3.15

E ti, de que tes ganas?

Un dos parágrafos finais de Trece anos de Branca cóntanos as ilusións e as esperanzas da protagonista:

"Pero sinto aínda máis ganas de que cheguen estes anos que han de vir. Estes anos nos que me vou facendo grande e nos que me van pasar tantas cousas. Quero estudar, e coñecer outras persoas, e contribuír a que muden as cousas e a que o mundo en que habitamos sexa algo mellor. (...) Faría falta que os meus días tivesen máis horas, para que me dese tempo a todo o que quero ler, o que quero ver, o que quero escribir. ¡Sinto tanta ganas de coñecelo todo!"


É iso o que ti esperas do futuro?

Se che interesa saber máis sobre esta etapa tan complexa podes ver un vídeo de Redes, de Eduardo Punset: http://www.rtve.es/television/20121212/adolescencia-hizo-humanos/586206.shtml

 

11.3.15

Unha idade complicada: trece anos

Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz será o primeiro libro que leamos conxuntamente os dous grupos do club de lectura de primeiro ciclo.
Escollémolo porque con trece anos cursas parte de 1ºESO (o segundo ou terceiro trimestre) ou de 2ºESO (o primeiro trimestre). É, polo tanto, a idade que comparten os dous grupos.


4.3.15

Outra perspectiva do ceo

Esta é a canción na que se basea o título de Jordi Sierra i Fabra.

A letra en galego sería:
Mamá, quítame esta insignia. Xa non podo usala. Está escurecendo, está demasiado escuro para ver. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Como tantas outras veces. Mamá, limpa o sangue da miña cara. Xa non podo ver a través del. Teño ese vello e negro sentimento... e perdinlle o rastro. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Como tantas outras veces. Mamá, deixa as miñas pistolas no chan. Xa non podo disparalas. O vello tren negro do paraíso está chegando. Sinto coma se estivese golpeando... nas portas do ceo. Golpeando nas portas do ceo.
Que semellanza ves entre o tema desta canción e o do libro?

25.2.15

Chamando a portas

Dámoslle una volta á realidade: cambiamos de escenario.
Imos achegarnos á India e a súa difícil situación da man dunha cooperante.

Por que cres que o autor lle poría este título á obra?

19.2.15

E hai unha peli...

Aquí vos deixo o tráiler da película El diario de Carlota, baseado no libro de Gemma Lienas.


Podedes ver a peli para ver se é fiel ao libro, que vos parece?

11.2.15

Carlota & Flanagan

Vimos de ler o Diario violeta de Carlota e agora achegámonos ao Diario vermello pero cambiamos a perspectiva: non ao de Carlota senón ao de Flanagan.

Se queredes podedes alternar a lectura dos dous libros para comprobar como se ven as cousas desde a postura feminina e a masculina.
Hai diferenzas?

26.1.15

Lectura compartida

Seleccionamos un fragmento de As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí e lémolo conxuntamente.

Pasámolo ben.