10.11.15

Adiviña...

Dende o club de lectura poñemos en marcha un concurso aberto a todo o alumnado do centro, que terá unha periodicidade mensual:
"Creación propia".
O xogo consiste en adiviñar algo partindo dun texto dado. Nesta primeira ocasión o texto pertence a un novelista premiado co Nóbel de Literatura, Gabriel García Márquez, e o alumnado debe adiviñar como remata esa historia.


Premiaranse tanto os que se acheguen máis ao fin real da historia, como os que dean as súas propias versión imaxinativas.
Estes finais propios deberán introducirse nunha caixa habilitada na Biblioteca para tal efecto, acompañados do nome e apelidos do autor/a.
Imos ver cantos se animan a participar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario