1.2.16

Cartas de amor

Agora que se achega o Día de San Valentín é o momento o de escribir cartas de amor... Que vos parece a que lle escribe Nico á protagonista do libro en Futuro imperfecto?


Cantas palabras me quedaban por dicir, cantas letras que aínda non escribín e que agora só me sae o teu nome, Xulia, Xulia... Palabra perfecta envolta polos meus sentimentos, tanto tempo alimentados polo doce eco do teu son máxico. Xulia, Xulia... Como ampliar o discurso, atopar outras voces, xuntar frases, facer delas poesía e expresar con ela o que o teu nome me evoca.
 
Que momentos de especial vibración fan correr a miña pluma cara a calquera papel, deixar que os meus sentimentos voen detrás dela. Raros e poucos momentos como este en que a impulsos de emocións fan que che escriba para comprobar que todo o que escribín é o teu nome, ateigado de minutos, horas, sitios, luces de lembranza, bicos, aloumiños e momentos que aínda non vivimos. O teu nome cargado de vida que aínda non vivimos.
 
Agora, aínda que só sexa fantasía, no teu nome cargo todo o meu amor, soñando que a túa persoa veña apoderarse do que é de seu.
 
Quérote, Xulia.
 
Nico.
 
O amor (dos pais, da parella, etc.) consegue sacar á protagonista dunha situación desesperada...
 
Estás de acordo coa afirmación: "o amor salva"?
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario