5.4.16

E non se pode calar...

https://cuentosdepukka.files.wordpress.com/2011/11/392123_282061908492063_211975322167389_946388_2009710747_n3.jpg

Hai unha nena que vive no tobo dos lobos. Cando os seus compañeiros de escola volven alegres aos seus fogares, ela debe tomar un camiño de medo, escuridade e dor. Vive rodeada de silencio. Ás veces gustaríalle falar, pero os seus beizos non poden moverse. Só murmura na súa cabeza: A de alondra, B mece ao bebé, C como un cisne..

Coñece dous tipos de días, os de vermello e os de cor azul.
Nos días vermellos, hai dor, os lobos oubean sen parar, sente os seus berros e a calor dos seus corpos pesados. Son os días en que o corazón se rompe. Ela pensa que todo é culpa súa, que as cousas malas suceden porque ela fai algo moi mal. O seu segredo pesa máis e máis pero sente que non podería afastarse dos seus lobos, debe protexelos.
Nos días azuis a dor e a decepción escóndense un pouco, o tobo cheira a castañas e o medo non se nota tanto. Estaría ben ter só días azuis para sempre.

Unha mestra da escola que cheira a pan tostado e é a seguridade, a tranquilidade; chega a romper o silencio do segredo. Sorrí e os seus ollos acariñan o debuxo inacabado. A nena empeza a chorar, as palabras atopan os seus camiños e o peso comeza a alixeirarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario