8.11.16

Algunhas protagonistas...

É así como se ven as mulleres das primeiras historias de O club da calceta? Ou así é como as ven?
"Burra peideira, morsa, balea, vaca, foca. A escola. Matilde intenta pechar os ollos máis forte por se así se lle pasa esa náusea da lembranza da escola. Un edificio de tixolo, os pupitres verdes, mestres con gafas... "Haille que cambiar o pupitres, que neste xa non colle." "É unha monstra!". Ai, ai, non quere pensar niso. Concéntrate, Matilde."

"-Que pasa hoxe, tetuda? Vaia par de melóns, quen mos dera!
A estas alturas xa non debería poñerse encarnada -de ira, por suposto-, porque a frecuencia mata os efectos. Ou acentúaos por repetición. Xa é demasiado. Hoxe é demasiado. Normalmente ignora este tipo de agresións, mais hoxe parécelle un pernicioso costume adquirido. Dá a volta.
-E a vós que vos fan, un exame parcial para traballar na obra? Anda con ollo, á próxima voute denunciar -e faille un corte de manga.
Por suposto a lista continúa. Anxos segue camiñando pola rúa marcando os pasos con violencia. Son xa demasiados anos de crer que non importa o que consigan -pouco- as mulleres -algunhas- porque sempre, en calquera esquina vai haber algún imbécil para lembrarlles que non son máis ca un cacho de carne con patas. É marabilloso. Incrible. Inaceptable."

"Pero nese momento non teño humor para tanto, nada máis investigo por que, por que non pasa nada na miña vida, por que todo indica que este pelo louro e estes ollos verdes non dan máis que problemas, que corresponder ás medidas esas das que falan as revistas e polas que se operan unha chea de mulleres infelices tampouco soluciona o problema básico. Que para min non era outro que atopar alguén que me quixese. Tan simple. Tan complexo. (...) Comezo a pensar novamente que ao final vai acabar sendo certo. Acabará sendo certo porque acabarei créndoo. Refírome ao de ser parva. É o que pensa a xente en canto me ve. Unha loira parva. E ao final vou acabar crendo que si o son." (Rebeca)


Observa que case todos os seus problemas se reducen ao seu físico. É realmente tan importante o aspecto dunha persoa?
http://www.bajardepeso10.com/wp-content/uploads/2014/03/mujeres-delgadas.jpg

Ningún comentario:

Publicar un comentario