30.1.17

A filosofía de Szymo

Ao longo do texto o protagonista, Szymo,  vai dando unha serie de ideas de como se debe comportar un ante a vida, é a súa filosofía de vida:
Cantas veces non se de deixa pasar un agora fantástico por un despois que nunca chega a materializarse? (p. 118)
Nesta vida o único censurable é non facer nada. (p. 162)
Ás veces (...) o que vemos non é, como cremos, a mirada dos demais, senón tan só un reflexo da nosa propia ollada. (p. 200)
Case sempre se recibe o que se dá (p. 206)
Apostar pola amizade de alguén é unha forma case infalible de asegurala (p. 206)

Que che parecen  as súa ideas?
https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/76/d5/7c/76d57c250def4479b352d538c95c12c5.jpg

Ningún comentario:

Publicar un comentario