2.4.17

Non hai nada imposible

Rematamos o libro O curioso incidente do can a medianoite e quedamos cun sabor de boca agridoce.
Por unha banda temos o tema da superación que impresiona: Christopher consegue sobrelevar os seus medos para acadar o seu obxectivo, reunirse con súa nai.
Coma el, ao longo da vida toda persoa ten que superar os seus límites, ben sexan físicos ou psicolóxicos, pero para iso contamos cunha ferramenta perfecta: a forza de vontade.

O premio que recibiremos a cambio e que nos agarda ao final do esforzo paga a pena: a felicidade.

Pero hai que arriscarse e aprender dos erros como fai este paxariño:



Mais xunto a esta fabulosa conquista (Christopher consegue chegar a Londres só, empregando diferentes medios de locomoción: o tren, o metro, ou mesmo camiñando; aproba o exame do bacharelato de matemáticas) comprobamos que no final do libro, cando o protagonista está baixo o coidado ou protección dun adulto (en concreto da súa nai), perde de novo a súa capacidade de superación e sofre unha regresión ao seu estado anterior (por exemplo o episodio no centro comercial con súa nai cando vai mercar roupa).

Será que Christopher non aprendeu nada desta aventura?

Ti si podes aprender:

Ningún comentario:

Publicar un comentario